CRTVG

Buscar
En Alemaña, Andorra, Italia, Francia e con Lucía Pérez en Oviedo

En Alemaña, Andorra, Italia, Francia e con Lucía Pérez en Oviedo

21/06/2016 - 22:30 h

O país máis grande do mundo

Galicia é o país máis grande do mundo porque en calquera sitio atopamos un galego que fixo do lugar de acollida a súa casa. Neste programa, a TVG quere conectar os galegos que vivimos en Galicia cos que se atopan no exterior.

O país máis grande do mundo vaille tomar o pulso á vida. Os límites do seu escenario son os mesmos ca os das viaxes emprendidas polos galegos e galegas; é dicir: o planeta enteiro.

Cada martes pola noite, desde o plató e en directo, accedemos a calquera recuncho dos cinco continentes, alá onde haxa una historia ou una experiencia que contar.

As incribles historias dos galegos que viven fóra, as dos familiares que viven en Galicia, as curiosidades dos países de acollida, os reencontros de xente que hai moitos anos que non se ve, os prezos das cousas, as comidas. Desde o máis normal ata o máis extraordinario, O país máis grande do mundo é un coctel servido por un excelente barman, o noso presentador, Rodrigo Vázquez.

O país máis grande do mundo á carta