O meu barrio. Capítulo 1. Montealto (A Coruña). Prazas e mercados de abastos

15/10/2011 - 19:00 h
Compartir en Facebook

O meu barrio

O obxectivo da serie é coñer a vida nos barrios e nos espazos da nosa contorna, a xente que vai e vén, os lugares e as maneiras de ser que forman parte da propia adaptación da sociedade ao medio. A serie documental achéganos os distintos barrios de Galicia, tanto das cidades coma de núcleos de poboación máis pequenos.
     Da man da presentadora Sonia López, o equipo do programa percorre Galicia para saber como se desenvolve a vida cotiá de veciños e comerciantes neses microcosmos que adoitan ser os barrios, acompañando e falando con xente que traballa no lugar pero que non vive alí; xente que traballa fóra del e outra xente nova que vai e vén.

    Estas historias persoais do día a día permiten ofrecer unha perspectiva dos barrios a partir das vivencias de quen os habita e descubrir a través dos seus habitantes as características peculiares que diferencian ese espazo urbano do seu redor. Cada capítulo combinará a presentación dun ou dous barrios con reportaxes de actividades, xentes e lugares relacionados con eles, en diferentes puntos de Galicia.

   Os barrios, por provincias, que visita o programa, son, en Ourense, barrio da Ponte; no Carballiño, barrio das Flores; en Vigo, Casco Vello e barrio do Berbés e barrio do Calvario; en Pontevedra, barrio da Moureira; en Cambados, barrio de Fefiñáns; na Coruña, barrio de Monte Alto e barrio dos Rosais; en Santiago, barrios de San Pedro e de Conxo; nas Pontes, barrio das Campeiras; en Carballo, barrio da Milagrosa; no Ferrol barrio de Caranza; en Lugo, barrio de Acea de Olga; en Viveiro, barrio da Ribeira ou da Pescadería; e en Sarria visitarase a parte vella.          

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.