O Códice
O roubo do Códice Calixtino, un dos máis mediáticos dos últimos tempos, é o punto de partida desta miniserie de dous capítulos. "Códice" preséntase como un thriller policial de proporcións históricas, situado nunha impoñente escena do crime e baseado en feitos reais aínda sen resolver. A produción preséntase como un relato que afonda na vida cotiá do autor confeso do roubo do Códice Calixtino. As súas rutinas, xunto co seu misterioso pasado, serven de fío condutor a unha historia contada desde catro puntos de vista: o da Igrexa, o do equipo de investigación do roubo, o dun grupo de xornalistas e o do propio electricista.
A historia comeza no verán de 2011. Medios de todo o mundo publican unha incrible nova: o Codex Calixtinus, un libro do século XII considerado a “Gioconda” da literatura católica, desapareceu en estranas circustancias do arquivo da Catedral de Santiago. É, sen dúbida, o roubo do século e un gran golpe para a Igrexia Católica e a cultura internacional.