CRTVG

Buscar

Carne richada e vincha en Terra de Montes

Forcarei ofrece a súa richada, carne que richaban os arrieiros cando ían transportando o viño desde o Ribeiro ata Santiago de Compostela. En Soutelo hai callos e en Cerdedo cociñan a vincha un doce moi pouco coñecido.

13/11/2018 - 23:10 h

O caderno de Isabel

Horas de emisión:

Ma
  • 23:00

A cociñeira Isabel Prada percorre as vilas galegas buscando as receitas máis tradicionais do lugar, amosando os seus ingredientes e, sobre todo, como se preparan.

Con este formato que aposta pola gastronomía galega, percórrense diferentes territorios de Galicia buscando a cociña que xeracións anteriores á nosa preparaban á hora do xantar e que aínda hoxe forman parte da idiosincrasia deses lugares.

O Caderno de Isabel é unha viaxe por etapas, percorrendo o territorio galego e contando fundamentalmente a contorna física, histórica e humana dos pratos máis tradicionais e característicos.

Con Isabel coñecemos os pratos tradicionais de Galicia, os lugares onde se producen e as persoas que dominan a arte de facelos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

O caderno de Isabel á carta