CRTVG

Buscar

Eduardo, Paco e José Ramón

15/04/2016 - 00:44 h

No mellor da vida

Este programa daralles a persoas de máis de 65 anos a posibilidade de desenvolver actividades coas que soñaron toda a vida, pero que non puideron facer polo seu traballo.

Coa xubilación, unha nova etapa comeza. Significa este momento o ocaso da vida? É xa tarde para aprender e descubrir? Rematou o tempo para cumprir novos soños? Como demostra “No Mellor da Vida”, hoxe en día, con 65 anos, aínda se é novo/a para facer moitas cousas. A calidade de vida que temos actualmente fai que a terceira idade sexa, por fin, a idade dourada.

Os espectadores coñecerán os protagonistas das distintas historias a través dos seus netos co fin de que os seus avós non só cumpran o seu soño, senón que este acontecemento lles sirva tamén de incentivo para seguir cultivando esa paixón á que ata o de agora nunca tiveran acceso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

No mellor da vida á carta