No foco
Espazo informativo que nace coa vocación de informar en profundidade os espectadores, sobre asuntos de actualidade, especialmente de carácter social. Dirixido pola xornalista Raquel Domínguez e presentado polo redactor xefe dos medios públicos galegos, Marcos Sueiro, este novo espazo de reportaxes de fondo analizará as claves da actualidade cun enfoque rigoroso e especializado.
En ‘No foco’ terán cabida asuntos dos distintos eidos que normalmente non poden ser tratados en profundidade nos espazos diarios e estará elaborado pola redacción de Informativos da Televisión de Galicia, con achegas de todas as súas áreas temáticas.