CRTVG

Buscar

“Cando o naufraxio leva lonxe da casa”

26/08/2016 - 02:00 h

Náufragos

Horas de emisión:

Do
  • 19:30

O naufraxio é a realidade máis terrible que se pode dar no mundo do mar. Aqueles que saen ao mar día a día para gañarse a vida, a deles e a da súa familia, viven sempre no límite da vida.

"Náufragos" aborda esta realidade e mostra un aspecto sobre o mundo do mar do que pouco se fala, pero que é unha pedra angular na realidade dos portos galegos, e dá a coñecer as verdades máis íntimas das xentes do mar.

Non se trata dun programa sobre historias de naufraxios, senón sobre os sentimentos que esperta a realidade dos naufraxios nos homes e mulleres que, dalgunha ou outra maneira, os padeceron.

O programa aborda a vida despois da traxedia: como seguen adiante as familias dos náufragos que non regresaron do mar, o mariñeiro que sobreviviu e toda a colectividade relacionada cos portos afectados. E, por suposto, indaga na memoria que queda do sinistro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Náufragos á carta