CRTVG

Buscar
Programa 4

Programa 4

16/01/2022 - 19:45 h
Programa 3
09/01/2022
19:45 h
Programa 2
02/01/2022
20:00 h
Programa 1
26/12/2021
20:00 h

Meniños cantores

Participan 17 centros educativos de Galicia e Portugal recreando cancións pertencentes á cultura popular e tradicional. Os rapaces e rapazas dos dous lados da raia estarán apoiados por artistas consagrados nas gravacións, que tiveron lugar nun percorrido pola fronteira galego-portuguesa, zigzagueando desde Verín e Chaves ata o Océano Atlántico.

Despois da exitosa edición de 2005, volve en 2021 esta iniciativa promovida pola asociación pedagóxica Ponte... nas ondas!, que leva máis de 25 anos poñendo en valor o patrimonio inmaterial nos centros educativos galegos e portugueses. Meniños Cantores componse de catro capítulos de 50 minutos de duración en que, ademais de coñecer as cancións interpretadas pola rapazada e os seus padriños e madriñas, os espectadores descubrirán as súas vilas e colexios e gozarán de todo o proceso de escolla do tema musical, preparación, interpretación e gravación, con todo o reto que implica.

Tamén coñecerán en cada centro un portador dos saberes tradicionais, que, nun claro feito de transmisión oral, compartirá os seus coñecementos cos rapaces, axudando a difundir o patrimonio inmaterial galego e portugués.

Meniños cantores á carta