CRTVG

Buscar
Matalobos, o auténtico clan

Matalobos, o auténtico clan

06/03/2018 - 23:00 h

Matalobos

MATALOBOS é o nome dun clan familiar que vive na Sardiñeira, unha vila costeira de Galicia cuxos exteriores están ambientados na cidade da Coruña e na súa área metropolitana. Sardiñeira é un lugar tranquilo, rico en paisaxes, cun clima agradable e que experimentou un gran crecemento demográfico e urbanístico nos últimos anos:deportivos, casas de revista á beira do mar, planadoiras, luxosas festas e unha pistola sempre debaixo do colchón... estarán á orde do día. Porque na vila haberá cinco familias metidas no narcotráfico a grande escala: clans poderosos, pero que tamén teñen inimigos implacables que lles farán fronte: dúas mulleres, unha xuíza e unha avogada irán a por eles.

No universo de MATALOBOS os personaxes defínense en función do seu aliñamento moral e do lado da lei en que se atopan: así, por unha banda están os "bos" (Sara, Pedro, Lola, Pepe, Marcos, a xuíza Olaia e o tenente Santiago Táboas), aqueles que queren acabar coa familia e os seus negocios mafiosos e non pararán ata destruílos; e por outra os "malos" (Dona Carme, Diego, Carmelo, Campos e Adriana Calderón), aqueles personaxes que basean o seu poder nos cartos e en todo tipo de negocios ilegais; e os que están no medio (Vanesa, Claudia e Iván), que aínda non se decantaron por un lado da navalla. Papeis enfrontados que estarán interpretados por actores de recoñecido nome no panorama audiovisual galego e nacional (*datos pendentes de recibir).

A este cóctel de ingredientes da serie, producida por Voz Audiovisual, hai que engadirlle os creadores da mesma, Carlos Portela, Víctor Sierra e José Rubio, que lle imprimen un realismo dramático.

Galería de imaxes

Matalobos á carta