CRTVG

Buscar
Capítulo 26: Saúde, diñeiro e amor

Capítulo 26: Saúde, diñeiro e amor

12/04/2021 - 09:26 h
Capítulo 25: A hora da verdade
12/04/2021
09:25 h
Capítulo 23: Quen foi?
12/04/2021
09:24 h

Maridos e mulleres

En calquera momento, cando ninguén o espera, a vida pode deixar de ser tan tranquila como parece. Isto é o que lles ocorre aos habitantes da urbanización Os Anxos, arredor dos que se desenvolve o argumento desta serie. En Maridos e mulleres, a combinación de humor e misterio guía a audiencia, que se deixa levar polas protagonistas da trama, mulleres ambiciosas, intrigantes, independentes e egoístas.

Todo parece seguro, tranquilo e civilizado na urbanización Os Anxos, onde conviven comodamente familias de matrimonios novos e parellas con fillos. Todo un paraíso de seguridade onde nada escapa da norma ata que un día, misteriosamente, Tomás Castro, veciño, marido e pai exemplar, desaparece. As investigacións revelan que en realidade era un verdadeiro descoñecido mesmo para a súa familia.

A desaparición de Tomás actúa sobre todos coma un resorte que manifesta os segredos e conflitos agochados baixo o disfrace de barrio residencial.

Maridos e mulleres á carta