CRTVG

Buscar

Mar de fondo

Horas de emisión:

Lu
  • 02:45 / 03:00
  • 02:58 / 03:02
  • 06:01 / 06:07
Ma
  • 02:30 / 02:45
Me
  • 02:00 / 02:15
  • 02:45 / 03:00
Xo
  • 02:45 / 03:00
  • 03:15 / 03:30
Ve
Sa
Do

Para informar e para guiar as previsións sobre o tempo no mar, e dirixido especificamente á xente deste medio, Santiago Pemán informa en Mar de fondo sobre as condicións meteorolóxicas marítimas, pero agora cun formato adaptado aos novos sistemas tecnolóxicos dende o estudio virtual nº4, onde as representacións dos mapas Meteosat e de Isobaras acadan unha mellor calidade de imaxe e unha visión máis ampla.


O horario de emisión do espazo vai adaptado á xente do mar, xa que durante esta franxa -entre as 12 e as 6 da mañá- está no momento de descanso agardando para recoller redes ou para coller un novo destino e precisamente é o tempo que aproveita para estar informada.
A cobertura informativa de Mar de Fondo non só chega ao litoral galego, senón que tamén abrangue zonas do Cantábrico, Golfo de Biscaia, zona de Irlanda e zona marítima de Fisterra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Mar de fondo á carta