CRTVG

Buscar

“Breogán, somos nós”, desde o Auditorio Gustavo Freire de Lugo

06/09/2018 - 22:30 h

Malo será!

Sete actrices e actores, acompañados de convidados e moitas sorpresas, saen de xira polos teatros de Galicia para facer un espectáculo de sketchs cómicos sobre temas universais que será gravado e emitido ao longo do verán pola TVG. Con Lucía Regueiro como presentadora, “Malo será!” conta ademais con nomes por todos coñecidos: Federico Pérez, Marcos Pereiro, Isabel Blanco, Lucía Veiga, Oswaldo Digón, Sabela Hermida, e coa participación como convidados, en diferentes programas, de Touriñán, Manuel Manquiña, Eva Iglesias ou Víctor Fábregas, entre outros moitos.

A esta viaxe de teatro en teatro súmase tamén unha banda de música en directo e unha vistosa escenografía que completa os argumentos dunha oportunidade única para achegar a televisión e o humor televisivo a todos os puntos do país.

Os programas graváronse no Teatro Afundación de Vigo, Auditorio Municipal de Verín, Teatro Ágora da Coruña, Coliseo Noela de Noia, Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Auditorio Municipal da Illa de Arousa e Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

O elenco complétase con outro actor ou actriz nobel da zona onde se gravou esa noite Malo Será.
Producido por Tex45 Producións para a TVG, é a adaptación para Galicia do formato orixinal “En Otra Clave”, producido en Canarias por Cyrano Producciones Entretenimiento. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Malo será! á carta