CRTVG

Buscar

En Vilalba, Narón, Pontevedra e Santiago

05/10/2014 - 20:30 h

Máis retranca

Unha viaxe por Galicia adiante para atopar os novos talentos do humor. Isto é o que propón o programa “Máis Retranca”, que será presentado por Tonhito de Poi e Deborah Vukusic.

O programa, onde a risa é o único que importa, consiste nun cásting que percorrerá as vilas galegas e que está aberto a persoas de todas as idades e a todo tipo de actuacións que teñan como base o humor, tales como chistes, monólogos, imitacións, maxia, etc.

Cada participante terá só un minuto para facer rir e se non o consegue a súa actuación cortarase. Se acada unha ou dúas risas, poderá contar cun tempo engadido. E se obtén tres risas nun minuto, terá un bonus track e a oportunidade de volver facer rir ao final do programa.

Antes de comezar a súa emisión, “Máis Retranca” ten xa máis dun milleiro de seguidores en Facebook, onde os espectadores poderán participar dándolle un “gústame” ao seu humorista favorito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Cinefilo #1
11/07/2014 21:37:12
Link para entrar a votar a o teu humorista favorito https://es-es.facebook.com/maisretranca

Máis retranca á carta