Programas que comezan coa "X"
-
Xa hai que foi
Unha ollada actualizada e dende un punto de vista xornalístico aos acontecementos sinalados da memoria do noso país, intentando conxugar a divulgación cultural co entretemento, dun xeito ameno e sintético.
-
Xente con xente
Os reporteiros Inma Morandeira e Matías Tarrío visitan, en cada programa, tres lugares e descobren as súas semellanzas e diferenzas.
-
Xustiza
A serie preséntanos un equipo de catro avogados que unen as súas forzas para enfrontarse aos casos máis controvertidos e mediáticos da xustiza americana. Grazas ás súas habilidades e ao poder das leis forenses, este formidable equipo é unha peza indispensable no bufete de Turk, Nicholson, Tuller e Gaines.