Programas
Programas que comezan co "T"
-
Telexornal Mediodía FDS
Informativo que se emite os sábados e os domingos que presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo.
-
Telexornal Serán
Informativo que presentan Raquel Domínguez e Marcos Sueiro que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis destacadas do día.
-
Tendencias
Da man de Nuria Gómez, amosarase, de luns a venres, a visión máis actual da nosa terra
-
Terra de acollida
Programa dedicado a familias e persoas asentadas en Galicia, pero que proceden doutros países
-
Terra de Miranda
Narra a historia dunha muller que tras unha ruptura matrimonial, decide deixar Vigo e establecerse na súa terra natal
-
Terra de película
"Terra de película" é unha serie que nos presenta dunha maneira amena e divertida a historia do audiovisual en Galicia e os lugares onde se rodaron moitas das nosas series e películas
-
Top 10
A clasificación máis galega, todas as respostas que os galegos dan sobre temas como cales son as mellores cancións de Galicia, as paisaxes e currunchos máis valorados ou as mellores tapas que se poden comer na nosa terra, están recollidas neste novo programa, que reflicte a opinión de todos os públicos.
-
Translación dos restos do Apóstolo
Transmisión en directo da Misa solemne da Ofrenda Nacional de Translación dos restos do Apóstolo Santiago desde a Catedral de Santiago.
A cerimonia lembra o lendario traslado que se fixera desde o porto de Jaffa (Xerusalén) ata as costas galegas, onde os restos desembarcaron en Iria Flavia (Padrón).