Programas que comezan coa "S"
-
Salitre e vento
Trátase de dar a coñecer aos espectadores as persoas que fan dun porto algo vivo, xa que cada un deles ten a súa propia personalidade derivada das distintas persoas que o habitan.
-
Se as vacas falaran
Unha nova proposta de programa con historias moi próximas á realidade galega, que ofrece unha boa dose de entretemento, combinada con humor e escenas sacadas da vida mesma. O novo espazo da TVG discorre por toda Galicia na busca das vacas máis falangueiras, que son capaces de dicir o que ás veces os humanos non se atreven.
-
Secuestrado
Unha mañá chuviosa de Nova York, a existencia idílica de Conrad Cain, un millonario cunha longa lista de inimigos, e a da súa acomodada muller Ellie, cambiará por completo cando seu fillo de 15 anos, Leopold, intelixente pero extravagante, cuxa inocencia o converte no branco perfecto, é secuestrado de camiño ao colexio. O escolta do mozo, Virgil, é abatido e dado por morto.
-
Sempre clásica
A través deste espazo de música clásica os espectadores poden asistir aos concertos das grandes formacións do panorama actual.
-
Sherlock Holmes
Sherlock holmes é unha serie de ánime baseada nas coñecidas novelas de Sri Arthur Conan Doyle. Nesta adaptación, tanto Sherlock como o seu inseparable compañeiro o doctor Watson toman a forma de can.
-
Sons na noite
Programa dedicado á música clásica. Ofrece concertos e actuacións deste xénero musical.