Programas que comezan coa "R"
-
Rántaro, o ninja pequeno
Rántaro é fillo dun honrado ninja e empeza o seu primeiro curso na escola de ninjas, xunto a outros cativos estudantes como o rico e larpeiro Simbei e o traballador e aforrador Kiri-Maru.
-
Redeiras
Homenaxe a todas as redeiras galegas, a través do testemuño das atadeiras de Cangas e as palangreiras de Malpica.
-
Reporteiros
Espazo de reportaxes de fondo e análise co que se pretende afondar na actualidade de Galicia desde distintas perspectivas.
-
Ribeiras
A cultura marítima que hai en Galicia a través das historias das xentes que traballan a pé do mar.
-
Ruta 66
A chegada do autobús de "Ruta 66" vai ser un acontecemento que revolucionará cada vila ao seu paso... montar nunha Harley Davison, voar nunha avioneta, facer un graffiti e surf ou traballar como voluntarios en actividades de corte social... son propostas non precisamente de mozos e rapaces, senón dos compoñentes dun espazo de telerrealidade onde un grupo de 8 pensionistas viaxa en autobús por toda Galicia.