Programas
Programas que comezan co "O"
-
O Tempo mediodía
Benvidos o Servizo de Información Meteorolóxica da TVG. Conducido por Diego Viaño, Ana Celia Vázquez e Noelia Rodríguez achegaremos a información do tempo dun xeito sinxelo, áxil e próximo, e sempre co aval de Meteogalicia, a nosa e fonte básica de información.
-
O Tempo serán
Benvidos o Servizo de Información Meteorolóxica da TVG. Conducido por Diego Viaño, Ana Celia Vázquez e Noelia Rodríguez achegaremos a información do tempo dun xeito sinxelo, áxil e próximo, e sempre co aval de Meteogalicia, a nosa e fonte básica de información.
-
Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago
A Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago é unha cerimonia instaurada en 1643 por Felipe IV, que ao longo dos anos mantivo a tradición de que reis, xefes de Estado e persoeiros das máis altas responsabilidades invocan ao patrón de España os beneficios divinos para as tarefas humanas.
-
Olímpicos en xogo
Serie de programas que emite a G2 sobre os deportistas galegos que competirán nas Olimpíadas e Paraolimpíadas de Río e de Tokyo.
-
Ondas novas
En Ondas novas analizamos como se pode innovar na creación musical. Coñerecemos artistas en solitario ou formacións do noso territorio que teñan, cando menos, unha nova estética.
-
Os Cantos Rolados
Unha escolma da mellor música galega contemporánea interpretada ao vivo en programas dedicados a distintos xéneros musicais, presentado por Tucho, guitarrista de Heredeiros da Crus.
-
Os castelos
Programa que centra a atención nos castelos que hai no país para falar da historia da Galicia Medieval.
-
Os castros
Serie documental dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Alba Mancebo, que dará a coñecer a riqueza do noso patrimonio castrexo, bastante descoñecido polos galegos.
Esta nova produción ofrecerá dun xeito moi divulgativo o significado da cultura castrexa en Galicia desenvolta desde o século VI a.C. ata xa ben avanzada a romanización, cando os habitantes dos castros abandonan eses poboado