Programas que comezan coa "O"

  • O agro

    O agro

    Microespazo que ofrece información e reportaxes sobre o mundo agrario así como as últimas cotizacións dos mercados galegos de gando.

  • O camiño do vento
  • O clan dos impostores

    O clan dos impostores

    O Clan dos Impostores é unha aposta da canle pública galega polo formato talent show, onde un grupo fixo de cinco persoas, moi coñecidas pola audiencia, percorrerá toda Galicia na busca de experiencias únicas. O grande espectáculo está conducido por Belén Xestal e Rafa Durán.

     

  • O cordeiro Shaun

    O cordeiro Shaun

    Nesta serie nárrase os conflitos que deben solucionar entre todos os animais que hai na granxa na que viven os cordeiros, todo isto antes de que volva o granxeiro.

  • O dragón que desapareceu (documental)
  • O elixido

    O elixido

    Foster é un ladrón de bancos arrepentido que na actualidade vende sistemas de seguridade. Cando descobre que forma parte dun experimento alieníxena para probar a vontade humana e comprobar a resposta terrícola ante unha invasión, a súa vida dá un xiro.

  • O espírito de Ortigueira
  • O fillo do mar

    O fillo do mar

    Documental de investigación sobre a figura de Eugénio Tavares, o maior poeta e escritor caboverdiano, dirixido polo xornalista da TVG Luís Menéndez.

  • O fío do retrato

    O fío do retrato

    Esta serie documental responde á necesidade de conservar a tradición oral de Galicia e ten como obxectivo achegarlle ao público as historias de persoas que forman parte da memoria, das lembranzas e da sabedoría popular colectiva.

  • O gran show da publicidade

    O gran show da publicidade

    Os anuncios máis divertidos, enxeñosos e extravagantes das televisións do mundo enteiro.

  • O gran Suxi
  • O mar da fin do mundo
  • O meu barrio

    O meu barrio

    A serie documental achéganos os distintos barrios de Galicia, tanto das cidades coma de núcleos de poboación máis pequenos.

  • O mundo de Celavella

    O mundo de Celavella

    O mundo de Celavella é unha viaxe cara a atrás no tempo, unha aproximación á Galicia dos anos vinte, cando se desenvolve a serie de ficción "As Leis de Celavella". A modo de documental e ao longo de vinte e seis capítulos, analizarase o contexto histórico, político e social non só da Galicia do momento, senón do resto do mundo pola repercusión evidente  que tamén tiveron na nosa terra. Para isto intervirán figuras de relevancia dentro do panorama histórico e cultural, como Xavier Castro (historiador), Isaac Díaz Pardo (pintor, escritor...), Ramón Villares (historiador), etc.

  • O Nordés

    O Nordés

    Serie que narra os casos profesionais e os conflitos de relación que se dan na redacción dun modesto xornal galego, O Nordés que xa cumpriu cen anos de vida. Está ambientada na cidade de Vigo e os seus protagonistas son os xornalistas. Cada capítulo estrutúrase en función da rutina laboral de cada xornada, desde a primeira reunión matinal do consello de redacción ata que os lectores o reciben a primeira hora da mañá do día seguinte.

  • O noso mundo

    O noso mundo

    Un espazo en que se ofrecen documentais de actualidade, tanto de produción propia coma allea, presentado por Mon Santiso.

  • O pallaso

    O pallaso

    Serie de acción, en que o seu protagonista é un moderno Robin Hood que traballa para salvagardar o ben e que combate os viláns usando métodos pouco convencionais.

  • O sal da terrra

    O sal da terrra

    A historia dos homes e mulleres das fábricas, do campo e do mar é a columna vertebral da historia dun país.

  • O sofá
  • O Tempo