Programas
Programas que comezan co "H"
-
Hai que mollarse
Serie documental que retrata a paixón polo mundo da pesca. Cada capítulo céntrase no seguimento dun protagonista ao longo dunha xornada, desde a marcha cara ao río ou o mar, así coma os éxitos e fracasos durante a súa peripecia diaria
-
Heicho cantar
Programa presentado por Luís Iglesia e dirixido por Arturo Fernández dedicado aos bailes e ás cancións de toda a vida. Conta con reporteiros que sairán ás rúas das vilas galegas para coñecer o que saben os telespectadores sobre o asunto conductor do espazo. Luís Iglesia canta ao final do programa.
-
Heicho Cantar Queridiña
Espazo musical que presentan a cantante Lucía Pérez, representante de España en Eurovisión 2011, e o tamén cantante e actor Sergio Zearreta.
-
Historias de Galicia
Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico. Nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie ten unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo.
-
Historias mínimas
Un programa de confidencias, en que distintas persoas relatan momentos transcendentes da súa vida sen ningún tipo de guión previo
-
Hora Galega
Programa diario, presentado por David Espiño e Rocío Durán, é un programa vivo e variado onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas
-
Hospital Real
Transporta os espectadores cara a finais do século XVIII para reproducir con todo luxo de detalles como era naquela época a actividade do Hostal dos Reis Católicos