Programas que comezan coa "G"
-
Galegos no mundo
En Galegos no mundo, os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.
-
Galicia a rentes do ceo
Manolo Romón condúcenos, en cada un dos trece capítulos, a través de rutas e cidades amosándonos a súa riqueza paisaxística, a historia, a arte, a cultura, os espazos de lecer, etc.
-
Galicia canta
Coros e corais de toda Galicia interpretan grandes éxitos de todos os tempos e intentan demostrar que na súa vila ou cidade é onde mellor se canta.
Presenta o programa Iolanda Vázquez.
-
Galicia dende o mar
Un percorrido polo litoral galego para mostrar os seus lugares máis fermosos, a súa riqueza paisaxística dende unha perspectiva aérea e cunha mirada desde o mar.
-
Galicia documental
Título xenérico baixo o que a TVG ofrece unha serie de documentais de produción galega e algún con selo externo.
-
Galicia Noticias Mediodía
Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.
-
Galicia Noticias Serán
Almudena Rodríguez presenta este informativo de proximidade. Durante media hora achégalle á audiencia as noticias máis próximas do día.
-
Galicia salvaxe
Serie documental que propón unha travesía nova e apaixonante polas paisaxes máis xenuínas de Galicia.
