Programas que comezan coa "E"
-
Eleccións municipais e autonómicas 2011
Toda a información das eleccións municipais e autonómicas de 2011.
-
Eleccións Xerais 2011
Toda a información das eleccións xerais do vindeiro 20 de novembro de 2011. Un amplo dispositivo ofrecerá programas especiais, información diaria e un total de 10 debates e 12 entrevistas aos cabezas de lista das catro circunscricións electorais galegas
-
En clave natural
Serie documental que mostra os espazos naturais máis representativos de Galicia, tanto pola súa riqueza vexetal e animal, como polo seu interese paisaxístico, sociocultural e histórico. Os acantilados e illas da costa rochosa, a costa areosa, as rías, as augas continentais, as montañas e os bosques galegos conforman os seis capítulos desta serie.
-
En terra propia
Un espazo documental que nos serve para descubrir as paisaxes e os lugares de interese para o viaxeiro que foxe dos tópicos turísticos á hora de coñecer Galicia.
-
En xogo (A liga das cidades)
Programa que presta atención aos partidos de fútbol de 2ª B e 3ª División, con conexións en directo cos distintos campos.
-
Entrevista a Ana Kiro
Os seguidores da TVG poderán ver aquí a última entrevista que concedeu Ana Kiro á canle pública galega.
-
Era unha vez...o home
Esta é unha serie educativa ilustrada. Nela, os máis cativos poden descubrir a orixe do home e os grandes acontecementos históricos. As conquistas e conquistadores, os grandes logros, os países que influíron decisivamente no curso da historia...
-
Era unha vez...os exploradores
Outra serie educativa ilustrada da familia “Era unha vez...”. O fascinante mundo dos exploradores explicados polos seus protagonistas.
