Programas
Programas que comezan co "C"
-
Cada día un libro
Este programa é un microespazo da Televisión de Galicia no que cada día se recomenda un libro aos televidentes.
-
Camiños de irmandade
Serie bilingüe, en galego e portugués, en que dous peregrinos percorren o traxecto Lisboa –Fátima - Santiago
-
Chapa e pintura
Gravada integramente en interiores, “Chapa e Pintura” transportará a audiencia a unha veciñanza ficticia onde, entre outros negocios, conviven unha tenda-taller de motos e un salón de beleza, nos que traballan Chelo e Raúl respectivamente, unha parella recentemente separada
-
Código pin
Debuxos animados de divulgación científica para os máis pequenos. Secuela de Kikoriki
-
Como galegos!
Tres estranxeiros de distintas nacionalidades e que viven en tres localidades diferentes de Galicia cóntannos os motivos polos que deixaron a súa terra e decidiron quedar a vivir en Galicia
-
Con Amor e compañía
Un programa variado con entrevistas, monólogos, actuacións musicais e contidos para facer rir, presentado por David Amor
-
Cos pés na terra
Cos pés na terra reflicte a vida das persoas que cren no campo e viven del