Programas que comezan coa "C"
-
Cada día un libro
Este programa é un microespazo da Televisión de Galicia no que cada día se recomenda un libro aos televidentes.
-
Cancha júnior
Programa onde o deporte base é o protagonista e vemos os campións máis novos en acción.
-
Canto vale?
Para saber cal é o valor das cousas e satisfacer todas as nosas curiosidades, desde o cotián ao excepcional, do rural ao urbano, do alternativo ao convencional, do emerxente ao consolidado, nace o programa“Canto Vale?” para dar resposta aos nosos gustos, sen renunciar aos nosos soños.
-
Cifras e letras
O concurso serve para axilizar a mente e permite competir amigablemente desde a casa, na que se xoga instintivamente.
-
Comando chef
O programa "Comando Chef" volve á grella de TVG coa intención de seguir sorprendendo os espectadores galegos. O "comando" presentarase cada semana sen previo aviso na casa dun galego coa intención de preparar unha cea para podela compartir con un personaxe famoso. Disporán só de 60 minutos e unicamente se poderá cociñar co que haxa na neveira nese momento, sen máis. Para isto, contarase coa experiencia do chef André Arzúa e o seu equipo, a mâitre, Aurora Asorey, e o comandante do "comando", Rafa Durán.
