Programas que comezan coa "B"
-
Baloncesto NBA
Partidos históricos da principal liga de baloncesto profesional en Estados Unidos, a NBA (National Basketball Association)
-
Barreiros, motor humano (Documental)
Documental que repasa a vida do empresario ourensán Eduardo Barreiros, fundador da marca de motores e camións que levan o seu apelido
-
Betty atómica
Atomic Betty é unha serie de aventuras cun ritmo alucinante. Xira en torno ós intentos de Betty de levar unha vida "normal" no planeta terra e defender a galaxia enteira. Este é un problema permanente para Betty, porque para ela ser unha Gardiá Galáctica representa unha obriga enorme e tamén unha honra. Pero como late outra clase de álxebra...
-
Billete de volta
Programa sobre a emigración, desde a óptica do emigrante que puido regresar a Galicia
-
Blue Dragon
Os seus 51 capítulos, con humor e acción a esgalla, remítennos ó universo Dragon Ball, cun deseño elaborado por Hironobu Sakaguchi, creador de Final Fantasy, e mais unha trama e personaxes deseñados por Akira Toriyama, creador de Dragon Ball. A serie foi producida polo prestixioso Studio Pierrot, ben coñecido por series como Naruto e Bleach.
-
Bos días
É o espazo informativo máis madrugador da Galega. Toda a actualidade da xornada onde se incorporan conexións en directo cando os acontecementos o requiren.
-
Botarse ao monte
Botarse ao monte fala de xente de a pé, é dicir, fala da xente que utiliza os pés, que camiña para deixar atrás a rutina e imprime a súa pegada en diversos lugares da nosa xeografía.
O propósito do programa é incentivar o espectador para que saque a cabra que todos levamos dentro e, deste xeito, aprenda a gozar da natureza. -
Bravo pola música
En pleno meridiano do Nadal, a TVG achega un espectáculo musical centrado na figura dun dos grandes da nosa música, Juan Pardo, que se poderá ver nalgunhas das súas máis coñecidas actuacións, como con Rocío Jurado, e gozar das novas versións dun artista que xa é un clásico da historia da música.
