Programas que comezan coa "A"
-
A abella Maia
A abella Maia non é só unha serie de animación, é unha marca. Varias xeracións de nenos creceron con ela e agora seguirano facendo coa nova produción en tres dimensións, que verá a luz no 2012 e que conta co compromiso das televisións máis importantes de Europa.
-
A ciencia dos sentidos
Serie documental que repasa cada un dos sentidos da especie humana.
-
A cociña de André
O chef André Arzúa está disposto a que a boa mesa nos chegue a todos a través deste novo programa da Televisión de Galicia.
-
A dama de Troia
Telenovela colombiana que relata a historia de Patricia Cruz, unha muller cun pasado dramático convertida agora nunha vaqueira recia.
-
A familia Pita
A acción céntrase na casa dunha viúva acomodada, a señora Pita. A vivenda convértese, por diversas circunstancias, no fogar de xente moi diferente.
-
A Gran Familia
Compilación das mellores parodias, sketchs e actuacións que pasaron por programas de humor e variedades da Televisión de Galicia
-
A idea construída
Serie documental sobre a obra de diversos arquitectos galegos ou que traballaron en Galicia. Cada capítulo amosa os proxectos e ideas dun arquitecto, así como o xeito en que os realiza.
-
A Martabela
Distintos escenarios do verán galego servirán para revivir con máis forza as claves da nostalxia convertida en música e en recordos de toda unha vida.
-
A miña famosa familia
Programa de historia baseado na xenealoxía. En cada programa vemos como un cidadán "normal" fai un percorrido pola súa árbore xenealóxica para descubrir que, sorprendentemente, está emparentado cun "famoso" ou "famosa" histórico; alguén que o convidado nunca imaxinou que puidese formar parte da súa familia.
-
A nanny
Serie de humor que protagoniza Fran Drescher.
Fran Fine entra a traballar na casa do señor Sheffield, un produtor de Broadway, para coidar de seus tres fillos
-
A polos 25
A TVG celebrou o seu aniverario no 2010 cunha serie de espazos específicos en que a cadea galega realiza un percorrido polos 25 anos da súa creación.
-
A Revista
Espazo informativo que se emite de luns a venres. Neste programa matinal inclúense reportaxes e conexións en directo por todo o territorio galego, sempre na busca da noticia do día ou das actividades que poidan ser de interese para a audiencia.
-
A Revista da tarde
A "Revista da tarde", que presenta Quique Morales,atenderá en todo momento á actualidade pero cun tratamento dos temas centrado no entretemento
-
A Revista FDS
Neste programa matinal inclúense reportaxes e conexións en directo con moitos lugares do territorio galego, sempre á busca da noticia do día ou das actividades que poidan ser de interese para a audiencia.
-
A sentinela
Espazo dedicado á relixión católica que ofrece entrevistas e reportaxes sobre o eido relixioso.
