Álbum de viaxe
Cada semana sorprenderá unha familia galega cunha viaxe inesperada de fin de semana onde o importante non será o destino, senón aproveitar cada paso para poder acadar un fantástico premio final. Este orixinal formato, que mestura reality e concurso, conxuga a divulgación da cultura galega coa emoción e a intriga de sorprender unha familia anónima cun reto fascinante cheo de sorpresas, diversión e emoción.
A recoñecida actriz Melania Cruz afronta o seu primeiro traballo como presentadora de televisión con este programa, en que cada semana lle fará entrega á familia dun álbum de viaxe e dunha cámara de fotos. Descoñecedores da fin de semana que os agarda, a familia deberá seguir o itinerario indicado no seu álbum, obtendo todas as instantáneas para poder ter acceso ao concurso final do programa. Cultura, gastronomía, natureza, deportes, música, arquitectura, encontros sorprendentes, divertidos retos e unha multitude de sorpresas conformarán o itinerario que cada familia deberá seguir.