Maquinaria agrícola
Labranza
Labranza emite reportaxes coas que se intentan divulgar as últimas técnicas que se están a empregar nos distintos sectores produtivos do agro galego, desde a gandería de leite ata a viticultura, sen esquecer o sector forestal, como representación do complexo agrogandeiro de Galicia. Outro dos asuntos que trata o programa é o da crecente industria agroalimentaria galega. Labranza tamén intenta recoller a sensibilidade da sociedade pola conservación do medio natural con reportaxes sobre os espazos protexidos da nosa comunidade, as enerxías renovables ou o auxe da agricultura ecolóxica.
O programa que presenta Manuel Cruz presta especial atención ás tradicións e os oficios, moitos deles desaparecidos ou a piques de desaparecer, que conformaban o agro tradicional.
Labranza, con máis de quince anos de emisión e case mil programas, foi testemuña da gran transformación que experimentou o sector agrario galego nas dúas últimas décadas, especialmente a partir da entrada de España na Unión Europea.
Máis programas de Labranza en Máis Á Carta
Horas de emisión:
- 07:00 / 07:15
- 11:48 / 12:15
- 16:15 / 16:45
- 19:15 / 19:30
- 04:30 / 05:00
- 16:15 / 16:45
- 07:00 / 07:15
- 07:30 / 07:45
- 15:45 / 16:00
- 19:30 / 19:45
- 22:30 / 23:00
- 03:15 / 03:45
- 07:15 / 07:45
- 07:30 / 07:45
- 15:45 / 16:00
- 19:15 / 19:30
- 04:00 / 04:15
- 14:00 / 14:30
- 14:00 / 14:30
