Infiltrados
Serie autraliana que retrata a vida de seis policías infiltrados, entre eles o oficial Peter Church, que na súa acción diaria é un home solitario que se mestura con delincuentes habituais de dubidosa reputación. O axente Church, personaxe que recrea un caso real, nunca fai dano a ninguén, agás en defensa propia, e nunca comete un crime que non sexa absolutamente necesario. O éxito do traballo non só depende da investigación, senón do elemento sorpresa co que os criminais son capturados por alguén que crían parte deles. A historia dos infiltrados, que non só ocultan a súa propia identidade entre a xente coa que conviven, senón cos propios colegas do corpo, que non saben quen son en realidade, está inspirada na extraordinaria carreira de Guy Wilding, un verdadeiro oficial infiltrado, cunhas experiencias que serviron aos guionistas para reconstruír casos reais e mostrar unha visión orixinal dos segredos da policía australiana.

