CRTVG

Buscar

Capítulo 15

17/11/2015 - 22:15 h
Capítulo 14
10/11/2015
22:00 h
Capítulo 13
03/11/2015
22:15 h
Capítulo 12
27/10/2015
22:00 h

Hospital Real

Hospital Real é unha serie da TVG que transportará os espectadores cara a finais do século XVIII para reproducir con todo luxo de detalles como era naquela época a actividade do Hostal dos Reis Católicos

A historia sitúase a finais do século das luces, cando o Camiño de Santiago era unha vía perigosa, había inestabilidade política e o Hostal dos Reis Católicos era o hospital de Compostela. Neste contexto coñécese a parella protagonista, que deberá facer fronte ás enormes barreiras sociais que os separan. Ao nacemento desta relación amorosa uniránselle outros ingredientes como asasinatos, intrigas ou mesmo daranse a coñecer os tratamentos e a medicina da época. Cómpre salientar a esmerada realización de decorados nesta serie, exteriores e interiores, como a botica do hospital ou as salas de enfermeiras e enfermos, e o instrumental cirúrxico.

Hospital Real conta amais entre o seu amplo elenco con destacados actores do noso país como Francis Lorenzo, Sonia Castelo, Nerea Barros, Antonio Durán ‘Morris’, Miguel de Lira, Camila Bossa, Susana Dans, Javier Gutiérrez, Xosé Barato, Xúlio Abonjo, Pedro Alonso, María Vázquez, Tamara Canosa, Luis Zahera, Carlos Blanco e Federico Pérez.

Hospital Real é unha idea orixinal de Julio Casal e Mamen Quintas (Ficción Producciones) e dirixida por Jorge Cassinello, cuxo elenco vén encabezado por Mariña Sampedro e Pedro Freijeiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Hospital Real á carta