Historias a pedais
Saímos de excursión cos personaxes máis interesantes da televisión, do deporte ou da música da nosa terra. Presentado polo ciclista gañador do Tour, Óscar Pereiro, cada semana un convidado e mais el fan unha ruta en bici eléctrica por distintos sitios de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. Ademais amósanse espectaculares paisaxes e recunchos descoñecidos de Galicia.