CRTVG

Buscar

Capítulo 49

07/09/2017 - 07:00 h
Capítulo 48
06/09/2017
07:00 h
Capítulo 52
17/07/2010
18:00 h
Capítulo 51
10/07/2010
18:00 h

Hai que mollarse

Horas de emisión:

Xo
  • 17:00 / 17:30
Sa
  • 06:00 / 06:30
  • 18:45 / 19:15
  • 19:45 / 20:15
Do
  • 20:00 / 20:30

Falar de pesca deportiva e de pescadores é para algúns falar de xente que está feita doutra materia se se quere entender a súa filosofía da vida. É falar de individuos dispostos a erguerse de madrugada, coller o coche e aventurarse por pistas pouco transitadas para estar, unha hora antes de que saia o sol, á beira do encoro, do mar ou do río, marcando territorio. Pois ben, deste territorio fala Hai que mollarse, unha serie documental que retrata a paixón polo mundo da pesca, co formato do docusoap, con seccións en que se combinan o ton humorístico e a utilidade práctica. Esa xente que pasa horas e horas cunha cana na man, capaz de paralizar os latexos do reloxo, será a protagonista deste novo espazo da Galega, realizado sen renunciar á simpatía, que vén dada polo humor do consello de sabios, un grupo de veteranos que opina desde onde se encontra; e sen renunciar á utilidade das referencias prácticas, canto a peixes, técnicas, lugares, lexislación e mesmo as receitas realizadas coa pesca do día porque sempre haberá un final feliz.

Os personaxes escollidos terán que ser capaces de transmitir o testemuño da súa afección por un mundo onde conviven valores como o respecto á natureza, a amizade e a superación. A tribo dos pescadores estará envolta polas anécdotas que nos relaten estes sabios.

Os programas de Hai que mollarse en Máis á carta

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Hai que mollarse á carta