Gran festa do cocido (10/02/2012)

10/02/2012 - 22:00 h
Compartir en Facebook

Gran festa do cocido

A noite do Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”, como antesala da feira do cocido que abre o calendario gastronómico galego, vai ser longa e chea de emocións para acompañar o momento da entrega dos premios, no transcurso dunha gala que ofrecerá a TVG desde o pavillón polideportivo de “Lalín Arena”, que estará presentada por Xosé Ramón Gayoso e Maret, arredor dun espectáculo musical con actuacións artísticas de primeira fila.

Desde as 21.55h da noite, durante a gala entregaranse os galardóns do XVIII  Álvaro Cunqueiro, que premia artigos, libros entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías e comentarios, publicados tanto en galego coma en castelán, nos distintos medios de comunicación e sobre temas relacionados coa gastronomía galega. O primeiro premio, de 3000 euros, para o mellor traballo periodístico presentado entre todas as categorías, recaerá no programa “Larpeiros”, da TVG, pola divulgación que realiza o espazo da gastronomía galega en xeral, así como pola combinación de distintos xéneros xornalísticos. Nesta edición outorgarase amais un segundo premio ao libro “Rías Baixas. Territorio gastronómico”, editado pola Deputación de Pontevedra e, na categoría de mellor traballo académico, recoñecerase a Saray Alonso Sierra polo programa radiofónico “Viaje a la gastronomía gallega”, emitido por Punto Radio.

Durante a gala, que goza de dúas vertentes culturais, a gastronómica e a literaria, Xosé Ramón Gayoso e Maret (presentadores habituais do programa “Luar”) conducirán as distintas actuacións que acompañarán a noite dos premios, coa presenza de David Bisbal, Amaia Montero, Pastora Soler, David Civera, David Bustamante, Malvela, agrupación folclórica de Pamplona, Balé Druída e M3.

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.