Compartir en Facebook

A gran familia

Escolma dalgúns dos mellores momentos da programación da Galega en 2011. Sonia López presenta o programa, que lembra personaxes inesquecibles como Felipe II de “Land Rober” ou Felicia, esa muller animada e, sobre todo, feliz que ocupou un tempo do programa “Alalá”; as ocorrencias dos pequenos de “Un Mundo de Nenos” ou as mascotas máis singulares que hai espalladas pola comunidade galega, presentadas no programa “Criaturas”.

En 2011, os espectadores da Televisión de Galicia tamén viviron de cheo os preparativos de voda e a posterior celebración dalgunhas parellas de namorados que participaron en “Casamos!” ou comprobaron con “Galegos no Mundo” como era a vida de moitos galegos que un día decidiron emprender rumbo a outro país e desenvolver alí a súa vida.

 E como non, a audiencia da TVG tamén foi testemuña de moitas festas galegas como as que percorreron as cámaras de “Vaia Troula”  ou as celebracións que achegaron os reporteiros de “Actualizad@s”.

 Por último, neste percorrido de imaxes hai unha mención especial para os que xa non están, pero compartiron momentos imperecedoiros co público da Televisión de Galicia, como a gran dama da canción galega e presentadora, Ana Kiro.

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.