CRTVG

Buscar

Ferrol

09/12/2017 - 19:30 h
Lugo
02/12/2017
19:30 h
Santiago de Compostela
25/11/2017
19:30 h
Vigo
18/11/2017
19:30 h

Gastrópodos

O equipo de Gastrópodos componse da cociñeira do programa, Beatriz Sotelo (estrela Michelín, restaurante “A Estación” de Cambre), o crítico e divulgador gastronómico Jorge Guitián e, como condutora do programa e pinche, a actriz Marta Doviro.

Entre os tres forman un equipo de traballo no que contemplan, como principal misión, facer un percorrido por Galicia no autobús do programa para conseguir poñer en valor os principais produtos gastronómicos que se poden conseguir e que se cultivan no noso país: os pementos de Padrón, a centola do Grove, o boi de Allariz, a raia de Portonovo, a xouba de Rianxo, etc. Todos lugares asociados ou matrimoniados cun produto senlleiro de cada unha das vilas protagonistas.

Como sempre, o programa dará a coñecer o produto da súa vila e fará una pescuda para conseguir un cociñeiro que se enfronte nos fogóns d’O Gastrópodo á cociñeira residente do programa. As elaboracións dos cociñeiros estarán fiscalizadas por un xurado popular que, ao remate do programa, decidirá cal dos dous pratos protagonistas conta con máis apoio popular.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Gastrópodos á carta