CRTVG

Buscar
A Banda da Loba

A Banda da Loba

24/02/2021 - 23:30 h
Boyanka Kostova
17/02/2021
23:30 h
Xoel López
10/02/2021
23:30 h
Laura Lamontagne & Picoamperio
03/02/2021
23:30 h

Galicia emerxe

 CRTVG ofrecerá ao longo deste ano, a través das súas canles de televisión, radio e Internet, 50 concertos de destacados artistas e grupos galegos. No exercicio do seu papel como servizo público e co afán de apoiar o sector musical e de contribuír a visibilizar o seu traballo, a Corporación asinou un convenio coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) para difundir o ciclo ‘Galicia Emerxe’.

Mercedes Peón, Xoel López, Boyanka Kostova, A Banda da Loba, Sés, Luar na Lubre, Wöyza, Budiño, Rodrigo Romaní, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Susana Seivane, Uxía, Eladio y los Seres Queridos e De Vacas son algúns do medio cento de artistas que participan en ‘Galicia Emerxe’, unha serie de recitais de 40 minutos de duración que comezará a emitirse o vindeiro 13 de xaneiro nas ‘Noites Temáticas’ da G2. Os espectadores tamén terán a oportunidade de ver estes concertos na primeira canle, os sábados arredor das 10.40 h. Unha vez rematada esta emisión, cada recital estará dispoñible na web da CRTVG e tamén poderá escoitarse en Radio Galega Música a partir das 22.00 h dos sábados.

Galicia emerxe á carta