CRTVG

Buscar
Programa 91: "San Francisco"

Programa 91: "San Francisco"

01/07/2015 - 23:30 h
Programa 90: "Sicilia"
21/03/2015
22:30 h
Programa 89: Bordeos
14/03/2015
22:30 h
Programa 88: Irlanda do Norte
07/03/2015
22:45 h

Galegos no mundo

En Galegos no mundo, os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país. É un camiño en que os espectadores irán coñecendo xente, formas de vida, gastronomía, monumentos, datos, anécdotas, os rituais, os idiomas e todo tipo de curiosidades que sorprenderán pola súa orixinalidade. O novo programa preséntase con un formato que se acerca á vida das persoas coa proximidade da cámara ao ombreiro, coa luz natural e co son recollido directamente a través dos propios micrófonos da cámara. Capturando a veracidade do momento e sen gran despregamento de medios, achegándose aos protagonistas dun xeito natural. Sendo o propio protagonista quen fala directamente á cámara. Dando a sensación ao espectador de que desde o salón da súa casa vai estar viaxando e coñecendo a xente máis interesante e os lugares máis insólitos. Entre os lugares que poderán visitar os espectadores de TVG a través de Galegos no mundo, estarán Londres, Bruxelas, Lisboa, Budapest, Istambul, Frankfurt e Varsovia.

Máis programas de Galegos no mundo en Máis Á Carta

 

Galegos no mundo á carta