CRTVG

Buscar
Programa 192

Programa 192

24/06/2019 - 17:40 h
Programa 191
21/06/2019
23:06 h
Programa 190
20/06/2019
22:26 h
Programa 189
19/06/2019
17:40 h

Fun polo aire

'Fun polo aire' espallará por todo o país un equipo de sete reporteiros que farán que as tardes estean máis vivas ca nunca contándolles aos espectadores todo o que sucede, o que se está facendo en Galicia a esas horas en cada vila, no campo, na cidade, no mar…   

O programa, que aposta pola actualidade, polos temas dos que fala todo o mundo,  ofreceralles dúas citas aos espectadores da Televisión de Galicia. A primeira delas será arredor das 17.30 h. e a segunda, ás 19.30 h., despois do programa 'Vin polo vento'. Deste xeito, 'Fun polo aire' estará todas as tardes contando o que está pasando en Galicia en todo momento sen perder actualidade e frescura. 

Unha das grandes apostas de 'Fun polo aire' son as conexións en directo, que virán da man dos reporteiros Ricardo Saavedra, Paula Señarís, Xaime Barreiro, Emilio Guillín, Noa García, Nuria Castro e Fátima Pego, está última, ademais, cantante da orquestra París de Noia.     

'Fun polo aire' pretende ser un formato agradable, fresco, cheo de cor e de bo humor. En definitiva, trátase de magazine de proximidade onde os verdadeiros protagonistas serán os galegos e galegas de a pé co fin de demostrar que Galicia está más próxima ca nunca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Fun polo aire á carta