CRTVG

Buscar

Escritores, os Álvarez Cáccamo

06/03/2016 - 15:30 h
Gandeiros
28/02/2016
15:30 h

Familia de oficio

Hai familias en que o saber facer se transmite de xeración en xeración e o mesmo oficio vai pasando de pais a fillos e perfeccionándose co tempo. Trátase moitas veces de traballos que están a piques de desaparecer e, noutros casos, as novas xeracións combinan a sabedoría da tradición coa calidade da innovación.

Achegarse á figura da familia como alianza e lugar de coñecemento, é o obxectivo do programa, realizado por Nós, Produtora Cinematográfica Galega e dirixido por Xosé Luís Ledo.

Cada capítulo conta a historia dunha familia onde distintas xeracións conviven no coñecemento e aplicación dun oficio. Músicos, restauradores, oleiros, palilleiras, polbeiras, ferreiros, zapateiros e outros oficios de diferentes sectores amosarán a través de diferentes personaxes o día a día do noso país. As familias protagonistas de cada semana falarán sobre o seu traballo, contarán anécdotas e explicarán os cambios que o seu oficio sufriu co devir do tempo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Familia de oficio á carta