Falámolo: A importancia da voz (16/05/2012)
"Falámolo" analiza como o timbre da nosa voz está a dar unha información moi importante de como somos.
Para afondar na importancia da voz, dos seus coidados e adestramento que debemos ter con esta ferramenta natural para comunicarnos e expresar as nosas emocións, o debate contará no estudio con convidados expertos, como Pedro Bahamonde, médico otorrinolaringólogo responsable da Unidade de Voz do Hospital Xeral de Vigo (Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía); Marisol Caamaño, logopedista do Colexio Oficial de Logopedias de Galicia, e Conchi Rodríguez Soprano, profesora de canto do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (Pontevedra).
Falámolo
Programa divulgativo e de debate. Presenta Victoria Rodríguez, unha profesional moi vinculada á TVG desde os inicios da canle, en que cultivou principalmente o xénero de entrevistas e amosou a súa versatilidade en programas como "Tal como somos" -que tamén dirixiu-, "Galeguidade", "Tango", Parlamento, A Revista de Fin de Semana, da que foi a súa primeira presentadora, e outros programas e galas especiais.
Horas de emisión:
- 03:45 / 04:15
- 23:45 / 00:15
- 02:00 / 02:30
- 07:00 / 07:30
- 10:45 / 11:15
- 11:15 / 11:45

