Programas
-
A estiba
A primeira ficción dos medios públicos galegos que se inspira no traballo da Policía Nacional. A produción, de 15 episodios e dirixida por Miguel Conde, Juan Galiñanes e Giselle Llanio, ten como protagonistas tres actrices: Melania Cruz, Desiré Pillado e Antea Rodríguez, que se meten na pel das irm&aacu
-
A lei de Santos
Despois da súa marcha da vila madeireira de Serramoura, Mario Piñeiro, alias Santos, volve á súa vila natal, Viladesantos, o lugar onde medrou e onde ten amigos, inimigos e familia.
O regreso do fillo pródigo esperta as suspicacias de moita xente. Non é ben recibido por ninguén, especialmente polo único familiar que lle queda vivo: o seu tío, Constante Folgoso, párroco de Viladesantos. -
Augasquentes
Esta serie de ficción conta en clave de comedia a historia dunha xuíza que volve á súa vila natal despois de 20 anos na cidade e que terá que afacerse aos novos costumes, amigos e veciños
-
Avenida de América
A vida dun grupo de mozos e mozas que estudan na escola de Hostalería e as súas relacións con pais e profesores son os temas de Avenida de América, que foi a primeira serie producida integramente pola Televisión de Galicia.
-
Do dereito e do revés
'Do dereito e do revés' é unha comedia sobre galegos que precisan un avogado. Ten como protagonistas os actores Víctor Fábregas, Susana Sampedro, Sergio Pazos, Xoel Fernández, Casilda Alfaro, Alberto Montes e Alicia Armenteros.
-
Libro de familia
A serie retrata tres familias galegas que pertencen a distintos estratos sociais e residen en Santalla.
-
Lobos e cordeiros
Serie de época ambientada en 1898 en Ourense que conta a través de tres clans familiares a historia de Galicia.
-
Método criminal
Comedia negra co narcotráfico como telón de fondo, dirixida por Jorge Saavedra e protagonizada por Luís Iglesia e Miguel Canalejo.
-
Pratos combinados
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do bar Suízo. Televisión de Galicia estreou a serie o primeiro de decembro de 1995