CRTVG

Buscar

Bieito XVI despídese dos Cardeais

28/02/2013 - 00:00 h

Especial Bieito XVI

Xesús Fontenla presenta este informativo especial, que recolle a derradeira audiencia pública de Bieito XVI como Papa. A xornalista da TVG Marta Teijido narra o acontecemento en directo desde a praza San Pedro da capital italiana.

  Ademais da retransmisión do acto, o especial informativo conta coa presenza de María Del Carmen Garcimartín Montero, profesora de Dereito Eclesiástico da UDC e experta en Relacións Igrexa-Estado; José Manuel Estévez-Saa, profesor da UDC e Analista de Política Internacional e Salvador Domato Búa, membro do Cabido Catedralicio de Santiago. Coa axuda destes convidados abordarán cuestións e temas como a situación de vacante que queda no Vaticano ata o nomeamento dun novo Papa, os pasos e datas para a celebración dun novo conclave e un repaso do perfil dos cardeais que poden ser máis “papables”.

Ao longo cases dúas horas do especial informativo tamén se fai un repaso en imaxes do pontificado de Bieito XVI, que inclúe as viaxes e visitas a España do Papa e os problemas máis graves e conflitivos que tivo que abordar Bieito XVI.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Especial Bieito XVI á carta