Dorita´s Academy
Ficción creada e protagonizada por Mela Casal e Xabier Picallo. Unha avoa que se resiste á xubilación obrigatoria decide xunto ao seu neto, un crack das novas tecnoloxías, facerse youtuber e crear unha escola online repartindo clases de “universidade mundolóxica” entre os seus alumnos.
Muller emprendedora feita a si mesma, sempre activa sempre á procura de mellora para a súa casa e os seus, pensa que a xubilación é un estado non natural e por iso xunto ao seu neto, Antón (Guillermo Carbajo), crea na súa propia casa a academia Dorita´s Academy para espallar a súa sabedoría persoal xunto á sabedoría tradicional vía Youtube.