Etapa: Muxía-Fisterra
Susana Seivane e David Perdomo poñen final á súa andaina, tras 16 días diante das cámaras da CRTVG
13/05/2018 - 22:06 h
Destino Santiago
“Destino Santiago” é o primeiro programa que incorporou a `Slow TV´ en España. Nel, dous peregrinos moi especiais percorrerán o Camiño de Santiago diante das cámaras da CRTVG, que se pode seguir en directo pola web e en múltiples emisións na TVG e na Radio Galega.
Na primeira edición, dous artistas musicais, Lucía Pérez e Tonhito de Poi, foron os protagonistas.
Nesta segunda edición Susana Seivane e David Perdomo son os novos peregrinos que empezan o Camiño dende Vilafranca do Bierzo.