CRTVG

Buscar
Desmontando Ourense

Desmontando Ourense

11/11/2019 - 22:30 h
Desmontando a comarca do Eume
04/11/2019
22:15 h
Desmontando A Costa da Morte
28/10/2019
22:30 h
Desmontando A Coruña
21/10/2019
22:30 h

Segredos - Desmontando Galicia

A nova aposta da TVG para a noite dos luns tratará de descubrir os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural desde o punto de vista do entretemento. Fuxindo da acumulación de datos, o programa incorpora unha atractiva narrativa de imaxe integrada dixitalmente para facilitar a comprensión da información e captar a atención do espectador. 

Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, e coa inconfundible voz de Quique Morales, no papel de 'Sabichón' para puntualizar e achegar datos que enriquezan a experiencia do espectador, 'Segredos - Desmontando Galicia', producido por MBC Audiovisuales, conta con 15 capítulos. 

Con esta estrea, Televisión de Galicia fai unha proposta innovadora, nun programa de alta calidade en que se empregan as tecnoloxías visuais máis actuais e que manterá o espectador pendente de todas as historias que se desenvolverán en cada capítulo. En cada un deles formularanse interrogantes que serán despexadas da man de técnicos, especialistas e profesionais de todo tipo vinculados estreitamente a cada tema a tratar. Ademais, o programa axudará a entender os xeitos de vida da nosa terra e a súa evolución sen límites espaciais e temporais grazas ás integracións 3D.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Segredos - Desmontando Galicia á carta