CRTVG

Buscar
Santiago

Santiago

28/09/2014 - 22:00 h
Ribeira
21/09/2014
22:00 h
A comarca do Deza
14/09/2014
22:00 h
Monforte de Lemos
07/09/2014
22:00 h

Descúbreme

Os espectadores poden percorrer Galicia para atopar todos aqueles tesouros que ata o de agora pasaban desapercibidos para a maioría, e que van desde monumentos a pratos típicos galegos, pasando por personaxes ilustres. 

Este programa achega unha nova perspectiva de Galicia a través do humor, dos misterios e da utilización pioneira dun “octocóptero”, un enxeño voador semellante a un helicóptero en miniatura, que, ao incorporar unha cámara HD, permite a gravación de imaxes aéreas espectaculares desde un punto de vista revolucionario. Esta cámara aérea voa literalmente sobre o destino e os seus protagonistas. É a primeira vez que un programa da TVG emprega esta tecnoloxía e unha das primeiras en toda España. O equipo, operado a distancia por un piloto profesional, permite tomar rexistros aéreos desde as perspectivas máis impactantes.
Realizado pola Productora Faro, “Descúbreme” está dirixido por Carlos Alleres e presentado por Tomás Alonso, ben coñecido pola audiencia galega debido á súa participación no popular programa gastronómico “Larpeiros”. Desta volta, Tomás interpreta o personaxe de Colombo, un simpático descubridor que seguirá un xogo de pistas e misterios para atopar os tesouros de cada destino do programa.

A dinámica do espazo permite que o presentador vaia coñecendo os atractivos do destino, ao tempo que pasa diversas probas e descarta os tesouros que van aparecendo no seu camiño. Como axuda, contará coa voz do Señor Equix, un misterioso guía que irá orientando -cando non atrancando- o presentador Colombo durante a súa viaxe. Ademais, “Descúbreme” conta coa colaboración da xente da rúa, que lle dará información ao descubridor para ser capaz de atopar aquilo que está a buscar, que ben pode ser calquera cousa. E é que Galicia está chea de tesouros. 

Galería de imaxes

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Descúbreme á carta