CRTVG

Buscar

Delincuentes torpes (05/09/2012)

05/09/2012 - 01:45 h

Delincuentes torpes

Humor e ficción volven unirse na Televisión de Galicia. En “Delincuentes Torpes” o mundo do crime e a delincuencia son recreados con parodia e humor. O detective Varela (Javier Varela) e a súa axudante Mari Carmen (Alba Lago) loitan contra o crime imperfecto e desorganizado, interpretando e presentando algúns dos casos máis chapuceiros do panorama criminal.

 Amais da recreación tamén cada semana “Delincuentes Torpes” conta coa presenza dun convidado que de algún xeito está ‘relacionado’ co mundo da delincuencia, como o crítico de cine e escritor, Miguel Anxo Fernández, que conta historias do seu detective literario Frank Soutelo.

Outras seccións do programa son o ‘Corredor da fama’, onde se fala e indaga sobre algúns dos delincuentes con máis sona; e tamén ‘Novas parvas’, onde se ofrece unha escolma das novas máis absurdas e incribles que ocorren no panorama mundial.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Delincuentes torpes á carta