CRTVG

Buscar

Debate anual de política xeral

Desde as 10.00 horas en sesión matinal e a partir das 16.10 horas e ata o remate, Televisión de Galicia e Radio Galega, ofrecen en directo e de xeito íntegro o Debate Anual de Política Xeral desde o Parlamento de Galicia.

O presidente da Xunta é o encargado de abrir o Debate desta VIII lexislatura. Durante a súa intervención, Alberto Núñez Feijóo informará sobre as políticas desenvolvidas polo seu goberno.

Xesús Fontenla, por parte da Televisión de Galicia, e Carme Lourido e Rocío Pernas da Radio Galega, serán os encargados de comentar en directo para os espectadores e oíntes galegos todo canto aconteza neste Debate Anual de Política Xeral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Debate anual de política xeral á carta