CRTVG

Buscar
Fórum Celticum (Culleredo), Café Bar Moderno (Barreiros), Cantina da Estación (Rábade) e Cervecería Rivera 2 (A Coruña)

Fórum Celticum (Culleredo), Café Bar Moderno (Barreiros), Cantina da Estación (Rábade) e Cervecería Rivera 2 (A Coruña)

10/06/2021 - 00:30 h

De bares

DE BARES é un programa que se acerca a eses lugares de reunión e encontro, auténticas cátedras do saber popular nas que non se prohíbe falar de case nada e onde, para moitos, comezou un bo día a súa vida social. É por isto que os bares seguen sendo testemuñas de historias e acontecementos cotiáns de quen os habitan.

DE BARES achégase ás aventuras persoais de xente que, con decisión e empeño, dedican as súas vidas a sacar adiante os seus negocios converténdoos en verdadeiras institucións do lugar que ocupan, a algúns deles conferíuselles xa o rango de “espazos míticos”, tanto por parte de quen os frecuentan coma de quen só oíu falar deles.

O noso itinerario lévanos inevitablemente a coñecer os cambios de usos e costumes ao longo das distintas épocas. Estamos ante a escusa ideal para nos adentrar nos diferentes aspectos relacionados coas ciudades, as vilas e a realidade social dos seus habitantes.

Desafortunadamente, algúns destes establecementos foron condenados, polo tempo, a seren “especies en extinción” e, porén, mentres seguen en funcionamento ofrecen á súa clientela e visitantes o trato que sempre os caracterizou.

En DE BARES poderémonos atopar cunha gran variedade de estilos e ofertas. Coñeceremos a personalidade de donos e clientela a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon ao longo dos tempos para dar atención ao público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafeterías, tendas- bar, baresestanco, restaurantes…

Todo isto, a través dun percorrido polas distintas zonas xeográficas tanto do litoral coma do interior de Galicia.



 

 

De bares á carta