Cultura Rockabilly
O último programa de "Cultura 10" fai un percorrido pola dramaturxia galega, visita a Bienal Internacional de Grabado de Novacaixagalicia en Ourense e amosa o mundo rockabilly en Galicia. Ademais, Ting Ting viaxa a Cedeira e aos acantilados máis altos de Europa. Asistimos á exposición "En construcción" da Fundación Barrié de la Maza e Luísa Castro entrevista ao Conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña.
Cultura 10
En Cultura 10 recóllense desde as expresións máis clásicas como a arte ou a literatura, ata acontecementos como festivais de cine; novas formas de expresión como a vídeo creación ou manifestacións máis tradicionais, incluso a gastronomía e opcións de turismo.
Atopámonos ante un espazo de 30 minutos dividido en varias seccións, unidas por un grande eixe vertebrador, a actividade cultural galega no máis amplo sentido, con artistas galegos e de fóra, de tradición e de vangarda, de rock e de ópera. Con Luísa Castro coñeceremos a fondo a traxectoria profesional e persoal de xentes do mundo da cultura, para percorrer con elas a súa vida, a súa obra e a súa visión do mundo actual e do futuro.
En cada programa poderanse ver tres grandes reportaxes, dúas sobre acontecementos culturais que suceden en Galicia e a outra do reporteiro estranxeiro, que visita semana a semana diferentes localidades galegas, co que coñeceremos a nosa gastronomía, o noso patrimonio, as nosas festas, opcións de turismo, pero contado desde a óptica da persoa que nos visita de fóra. Á parte, o programa conta con unha axenda, un innovador sumario e varias seccións de pezas onde recollemos de xeito breve a actividade cultural da semana. Trátase dun programa fresco e dinámico, con un novo compoñente visual, tanto a través das imaxes de transición, coma na fotografía e na realización.
A web de Cultura 10 porá os contidos do programa a disposición dos internautas e será unha ferramenta para comunicarnos con eles e para difundir unha maior axenda cultural, a través do Newsletter do programa e das redes sociais.
Horas de emisión:
- 01:30 / 02:00
- 02:30 / 03:00
- 16:45 / 17:15
- 16:45 / 17:30
- 15:15 / 16:00

